CRTVG

Buscar

As empresas electrointensivas galegas preparan unha manifestación para o día 26

Publicado o 20/02/2020 16:57

A Xunta xa enviou ao Ministerio de Industria as alegacións, consensuadas coas empresas do sector, cos sindicatos e cos gobernos de Asturias e Cantabria. Piden rebaixas fiscais e descontos nas peaxes eléctricas ata o máximo permitido, como xa se fai en Francia, Alemaña e Suecia. E advirten que se non se teñen en conta, perigan uns 5.000 postos de traballo en Galicia.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alu Ibérica: "O Goberno ten que cumprir o que nos prometeu, necesitamos que se reconsidere a situación e que se nos considere como empresas hiperelectrointensivas. É necesario porque meteron a 300 empresas no sistema que non estaban antes".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2020