CRTVG

Buscar

Traballo anuncia que as empresas deberán asumir os gastos do teletraballo

Publicado o 22/06/2020 08:41

As empresas deberán asumir os gastos do teletraballo. Así o manifestou a ministra Yolanda Díaz, que explicou que o goberno prepara unha norma sobre o teletraballo en que se prevé un lista de gastos para as compañías.

Nese listado é propable que vaian partes proporcionais de subministracións ou consumibles que traten de evitar o traslado ao traballador dos custos da actividade produtiva.

A ministra de Traballo avanzou que na nova lei regulará unha modalidade de traballo que será voluntaria e que se deberá realizarse dende o lugar escollido polo traballador. De momento, non hai data para a aprobación da normativa.

Noticias web

22/06/2020