CRTVG

Buscar

As emisoras locais da Coruña únense no programa solidario A Radio Conta

Publicado o 28/12/2019 21:36

A alma da Radio Conta son corenta profesionais que desde hai sete anos suman as súas voces para compartir un programa solidario que esta tarde chegou a toda a cidade. Só houbo que sintonizar unha emisora local. Calquera. Porque todas, as oito, están nun proxecto que nesta edición apoia o labor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. Lorena Collazo, vogal da Asociación Asanog: "Damos apoio con educadores de tempo libre e ocio, temos psicólgos, proxectos educativos... O noso principal obxectivo é apoiar as familias."

O programa foi unha festa con moitos convidados. Polo escenario do Teatro Rosalía de Castro pasaron os humoristas Xosé Touriñán e Moncho Borrajo, os actores Luís Iglesia e Marita Martínez e a música de Brais Morán, Pablo Díaz e As Tanxugueiras. Todos quixeron estar na Radio Conta. Ata a alcaldesa xogou a ser actriz nunha revisión á galega da serie Falcon Crest. Foron tres horas emocionantes de emisión en directo, unha experiencia radiofónica pioneira e única.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/12/2019