CRTVG

Buscar

As dúbidas asaltan os consumidores pola cancelación de viaxes

Publicado o 11/03/2020 14:53

A cancelación das viaxes xerou moitas dúbidas entre os consumidores. A maior delas é saber se as compañías aéreas están obrigadas ou non a devolver os cartos e outros gastos que leva aparellados a compra dos billetes.

As organizacións de consumidores recordan que o Regulamento Europeo é moi claro sobre cancelacións de voos por parte das aeroliñas.

Este reintegro do diñeiro debería facerse no prazo de sete días, pero xorden as dúbidas sobre quen debe reclamalo, se o cliente ou no seu caso a axencia.

Cousa ben distinta é a reclamación doutros gastos.

As organizacións de consumidores alertan de que algúns operadores están mudando de criterios para poder rexeitar o reintegro dos cartos.

Noticias web

11/03/2020