CRTVG

Buscar

As defensas impóñense nun Alavés - Xetafe sen goles

Publicado o 26/09/2020 21:32

 Non houbo goles en Mendizorroza, nun partido aberto entre o Alavés e o Xetafe que puido caer para calquera dos dous bandos. Impuxéronse as defensas, ben posicionadas, aínda que houbo ocasións de gol claras. O empate sérvelle aos vitorianos para sumar o seu primeiro punto da temporada. O Xetafe manténse invicto despois da vitoria da semana pasada contra o Osasuna.
 

Noticias web

26/09/2020