CRTVG

Buscar

As cúpulas de Caixabank e Bankia, reunidas para aprobar a fusión

Publicado o 17/09/2020 20:26

Agás sorpresa, as cúpulas de Caixabank e de Bankia darán luz verde ao nacemento do maior banco de España. Vaise chamar Caixabank e terá a sede en Valencia, a onde se trasladou a entidade de orixe catalá tras o referendo ilegal. Desaparece a marca Bankia, despois de case 10 anos e deteriorada por varios escándalos xudiciais e por un rescate de 22.000 millóns de euros.

Nas últimas horas, as partes chegaron a un acordo sobre o troco das accións, do que depende o peso que cada unha das partes terá na nova entidade. A Fundación La Caixa preservou o seu obxectivo de manter máis do 30%, mentres que o Estado, propietario de case 2 terzos de Bankia, quedara con arredor do 16% do novo accionariado. Terá tamén unha das 15 cadeiras do novo consello de administración. O derradeiro paso da fusión será a aprobación de cadansúa xunta de accionistas, previsiblemente a finais de outubro.

Noticias web

17/09/2020