CRTVG

Buscar

As criptomoedas gañan presenza na vida diaria

Publicado o 09/01/2020 15:20

O diñeiro dixital non deixa de gañar terreo, e os expertos mesmo falan xa de que o diñeiro en efectivo vai desaparecer. En Galicia parece que nos resistimos a crelo, pero podemos atopar xa negocios que aceptan criptomoedas e mesmo clientes que deixan as propinas en bitcoins.

En Galicia somos máis ben de cartos en efectivo.

"O diñeiro, palpando. Aí é onde se toca".

Pero no mundo úsase cada vez menos diñeiro en efectivo.

"O diñeiro en efectivo está chamado a desaparecer. Os billetes e as moedas que nós coñecemos representan menos do 1% da masa monetaria total", di Marcos Janeiro, avogado experto en Dereito da Internet.

"Xamais pensei, en 25 anos na hostalería, que podía cobrar un café con tarxeta, e agora xa é case habitual", din nunha cafeteria. E non só iso. Porque aquí un café custa 1,10 euros ou: "Ou 0,00012 bitcoins".

Bitcoins, criptomoedas. Empezaron a aceptalas hai xa seis anos.

"Pensando que podía ser a moeda do futuro". "4 euros dos almorzos. Pídelos e xa chos pasa automaticamente a bitcoins".

"Son pagos que se realizan directamente de usuario a usuario". "Pasa un código QR e xa fai a transacción".

"Os usuarios de criptomoedas non precisan confiar nunha entidade ou institución central que dea validez ás transaccións que realizan".

Unha moeda sen intermediario ningún que parece ouro dixital.

"Son os bitcoins, que estou comprando a modo de investimento".

"Subiu a 1.000, baixou a 80, subiu a 20.000, baixou a 8.000". "Agora está en 6.000 euros".

Para investir, para especular ou para facer coma algún cliente de todos os días.

"El págame o café normal e, despois, unha vez á semana dáme a propina en bitcoins".

Cousa de confianza e criptografía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020