CRTVG

Buscar

As contratacións en hostalería incrementaranse ata un 20% en Semana Santa

Publicado o 13/02/2020 21:00

O sector da hostalería ten marcado no calendario o mes de abril. Agardan que a Semana Santa axude a reactivar o turismo e tamén as contratacións que segundo Lois Lópes, da asociación de hostelería de Compostela, poderían incrementarse entre un 10 e un 20 por cento.

As profesións máis demandadas para estas datas son camareiros, axudantes de cociña e camareiras de piso. Nas empresas de traballo temporal aseguran que xa comezaron a notar un incremento das contratacións. Alejandro Múñoz, de Adecco Santiago, prevé que a demanda de profesionais para hostelería creza ainda máis conforme se vaia achegando a Semana Santa.

Respecto á ocupación, a Semana Santa de Viveiro e de Ferrol son os dous grandes referentes turísticos durante estas datas, pero dende hostalería de compostela agardan que a capital de Galicia tamén rexistre bos datos grazas sobre todo ao turismo interno e ao tirón do Xacobeo.

Noticias web

13/02/2020