CRTVG

Buscar

As Conferencias Episcopais de Europa celebran a súa asemblea anual en Santiago

Publicado o 03/10/2019 21:36

O presidente do Consello de Conferencias Episcopais de Europa pídelles aos líderes políticos que miren para si e que fagan exame da súa actuación sobre todo, polo auxe dos populismos en todo o continente.  E queixouse de que estes movementos se aproveiten dos migrantes.

Foi na inauguración da Asemblea Plenaria do Consello  das Conferencias Episcopais de Europa, que se celebra desde o xoves e ata o domingo en Compostela e que reúne representantes da Igrexa de 45 países para analizar a situación de Europa.

O arcebispo Xulián Barrio promoveu a celebración en Santiago pola importancia de  darlles a coñecer aos presidentes das Conferencias Episcopais o próximo Xacobeo.

"Non se trata de crear unha Europa paralela á existente, senón de demostrarlle a esta Europa que a súa alma e a súa identidade están profundamente enraizadas no cristianismo, para poder así ofrecerlle a clave de interpretación da súa propia vocación no mundo. Mirando ao Ano Santo 2021, a peregrinación descobre que o cristianismo, por ser apertura ao universal, configurou unha Europa aberta e capaz", afirma Xulián Barrio, arcebispo de Santiago.

Noticias web

03/10/2019