CRTVG

Buscar

As Concepcionistas amósannos a súa cotidianidade

Publicado o 07/05/2019 15:54

Pasan o ferro con paciencia infinita; levan anos facéndoo, o mesmo que os bordados impecables cos que engalanan as teas que venden. Sor Isabel, con 96 anos, aínda cose.

Para sobrevivir, tamén se axudan dunha pequena horta de autoconsumo. Teresa é a abadesa; ela e as súas once compañeiras loitan contra o avellentamento monacal e ofrecen a experiencia dunha convivencia con elas a que teña inquedanzas. A tecnoloxía tamén traspasou estes muros de pedra.

Excepcionalmente, hoxe permitíronnos entrar no convento, o mesmo lugar onde ingresou sor Teresa cando tiña 16 anos. Teresa repetiría, o mesmo que as súas once compañeiras. Outra forma de vida, outro tipo de familia.

Noticias web

07/05/2019