As comunidades autónomas piden máis material sanitario
As comunidades autónomas piden máis mateiral sanitario. O decreto polo que se declarou o estado de alarma establece que é o Goberno central o que ten a potestade única de subministración.
O Goberno recoñece que hai escaseza, pero pide que non haxa polémicas.
A presidenta da Comunidade de Madrid di que a situación é límite e insiste en que o Goberno non lles facilita material.
Esta queixa súmase á feita tamén polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen lle pediu por carta a Sánchez o envío de material sanitario para garantir o correcto funcionamento dos hospitais e a realización de test.
A Generalitat tamén acusou o Goberno de bloquear a chegada de material e advirte de que en Cataluña o sistema sanitario está saturado. Tanto é así que a Generalitat xa tiveron que pechar os primeiros ambulatorios.
En Soria, o persoal sanitario viuse obrigado a fabricar as súas propias batas con bolsas de lixo ante a escaseza de material.