CRTVG

Buscar

As catequeses adáptanse e xa as hai en liña para os que preparan a comuñón

Publicado o 04/05/2020 14:50

A COVID-19 obrigou a suspender a asistencia á catequese para aqueles rapaces que se pepraran para a primeira comuñón. Ante esta situación, algunhas unidades pastorais optaron por facer uso das novas tecnoloxías para seguir preparando os nenos. Con actividades, vídeos, lecturas, debuxos e xogos axudan a manter activa a participación de toda a familia na preparación para recibir este sacramento en canto a situación o permita.

En moitas parroquias, a irrupción do coronavirus obrigou a pechar as portas á catequese presencial. O que non conseguiu foi suspendela, xa que moitas unidades pastorais puxéronse ao día para facer das novas tecnoloxías a súa ferramenta de preparación. Webs coma catequesisdegalicia.com superan as 45.000 visitas e outras como a da unidade pastoral do Milladoiro pasou de ter 120 visitas nun mes a 15.000.

Unhas actividades nas que as catequistas contan coa implicación directa dos pais.

Actividades que os nenos fan con ilusión pero desexando poder realizalas de novo en grupo.

Así rematarán esta preparación de cara a poder celebrar a comuñón en canto a situación o faga posible.

Ata que remate o curso, a principos de xuño, párrocos, catequistas e familias seguirán traballando conxuntamente para que os nenos estean preparados para recibir o sacramento.

Noticias web

04/05/2020