CRTVG

Buscar

As axencias de viaxes viven o seu peor momento

Publicado o 30/07/2020 15:12

Axencias de viaxes que se viron obrigadas a pechar, como esta no centro de Santiago, e outras que funcionan sen apenas clientes. A paralización do sector turísitico está poñendo en risco o futuro das axencias.

"Eu abrín o día 31 de maio e pódoche dicir que aquí nojn entra prácticamente ninguén, desde que abrín non fixen nngunha venda, cero", di César Boado, director dunha axencia de viaxes.

A caída da demanda está tendo graves consecuencias para o sector. En Santiago tres axencias de viaxes pecharon nos últimos meses desde que comezou a pandemia da COVID-19.

"A situación é de incertidume total, porque non se sabe como vai quedar esto. En Santiago pecharon tres axencias", engade Boado.

No sector dan a temporada turística por perdida. Desde a Asociación galega de axencias de viaxes din que a única demanda que se reactivou minimamente foi a do turismo interior, a destinos de praias como as Canarias e as Baleares.

As axencias de viaxes, a través da federación estatal, reclaman que os ERTE se poidan prolongar ata final de ano, coa esperanza posta en que unha vacina reactive o sector no 2021.

Noticias web

30/07/2020