CRTVG

Buscar

As axencias de viaxes reclaman axudas para afrontar as cancelacións

Publicado o 02/06/2020 14:34

Na cadea de cancelacións provocadas pola pandemia no sector turístico as axencias de viaxes son o derradeiro chanzo antes de chegar aos consumidores. Algunhas delas, unidas nunha plataforma, están dispostas a saír á rúa para pedir que se amplíen os ERTE e que non se cobre a cota de autónomos a un sector en que o 25% dos cotizantes son traballadores por conta propia.

Estas empresas acusan os provedores de tensar a corda á costa das axencias para non devolver os cartos aos clientes. Para a elaboración desta información, os contactados rexeitaron pronunciarse sobre a súa política de devolucións. En Galicia existen unhas 600 axencias de viaxes, en toda España son 9.500.

Noticias web

02/06/2020