CRTVG

Buscar

As auxiliares do metal volven o luns ao traballo pendentes dun ERTE en Barreras

Publicado o 08/04/2020 10:14

O sector naval de Galicia está pendente do que pode pasara con Barreras que o luns debería retomar a actividade e tamén a industria auxiliar. Barreras onde non descarta un ERTE e tampouco a industria auxilar. En total dos 67.000 traballadores da metalurxia, o luns volverán ao traballo uns 50.000. As maiores dúbidas está nas auxiliares do estaleiro Barreras, inmerso nun proceso de reestructuración que se paralizou por mor desta crise do coronavirus.

Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, di que coa crise do COVID-19 "todo se complica máis. Ademais, hai directivos nos Estados Unidos neste momento que complica máis a situación, e Madrid ten moito que ver nisto, polas entidades financeiras, pero confiamos en que aínda que sexa dentro de tres ou catro meses se poidan retomar os proxectos".

O momento actual complica a situación das auxiliares que "xa están nunha situación precaria", explica o presidente de Asime, e engade que teñen a axuda da Xunta "a temos a axuda da Xunta a través de préstamos que posibilitaron nos últimos meses que continuasen algunhas empresas con vida aínda, pero agora hai que coller tres meses máis de impulso, como mínimo".

"Esperamos que non afecte o novo nicho de mercado dos cruceiros, mercado en que estaba entrando agora", apunta Enrique Mallón.

As direccións das empresas xa están traballando para comezar a traballar o luns. Organización que están facendo "cun bo diálogo", di Mallón, "entre representantes dos traballadores e empersarios para tentar protexer a saúde de todos".

Un 35 por cento do traballo das industrias do metal dependen do funcionamento de PSA, que posiblemente "xa comece a incorporar traballadores a partir do luns. Isto vai axudar a que as empresas de compoñentes vaían planificando a sua incorporación. Algunhas empresas están traballando en mantemento das factorías e a partir do 13 empezaranse a incorporar traballadores e sobre o 20 de abril xa haberá unha actividade moi alta".

Neste tempo alguinhas empresas do metal estiveron traballando para producir material de protección sanitario; "unhas 27.000 pantallas de protección, explica Mallón, que se están empregando en centros sanitarios e sociais, tamén estamos coa produción de batas sanitarias e tamñen cosn sistemas de abreportas para sanitarios e para os corpos e forzas de seguridade do Estado. Si, hai unha solidaridade destacada e vamos continuar polo menos ata que nos incorporemos plenamente ao traballo", conclúe o presidente de Asime.






 

Noticias web

08/04/2020