CRTVG

Buscar

As autoridades sanitarias fan un chamamento aos lugueses a non baixar a garda polo San Froilán

Publicado o 03/10/2020 14:56

Imos agora a Lugo, onde hoxe comezan as festas do San Froilán. E, coma todas as festas, propician as relacións sociais e, por iso, as autoridades sanitarias fan un chamamento a non baixar a garda.

Dende o Sergas insisten en advertir que hai que extremar as precaucións nas xuntanzas familiares que se poidan producir con motivo das festas para evitar novos abrochos. Segundo os datos facilitados polo Sergas, descenderon en 23 o número de positivos en toda a área. Un dos concellos onde arestora se centra a atención é no de Meira, lugar de paso entre Lugo, A Mariña e Asturias.

Hai aquí 16 contaxios confirmados. Son as cifras do gromo da Terra Chá que se detectou nas últimas horas. Os afectados permanecen en confinamento e xa se están a practicar probas PCR a todas as persoas que estiveron en contacto con eles. As probas tamén se van aplicar nos colexios, na hostalería e no servizo de asistencia no fogar.

Noticias web

03/10/2020