CRTVG

Buscar

As autoridades detectan un descenso de persoas que tratan de saltar os controis perimetrais

Publicado o 30/11/2020 14:27

Os controis de entrada e saída son frecuentes nos concellos que están baixo un peche perimetral. Só se poden traspasar eses límires por motivos xustificados, pero algúns aínda non o teñen claro.

Neste control colaboran catro corpos de seguridade. As Policías locais de tres concellos e a Garda Civil. Neste caso para impedir que entren en Baiona, onde os luns hai feira.

Nas últimas semanas, a policía notou un descenso do número de persoas que tratan de saltar os peches perimetrais. En moitos casos, os axentes limítanse a informar aos conductores e non chega a ser necesario impoñer sancións.

Noticias web

30/11/2020