CRTVG

Buscar

As autoestradas de titularidade autonómica non soben os prezos en 2020

Publicado o 01/01/2020 13:53

As autoestradas que dependen da Xunta non suben as peaxes, senón que conxelan as tarifas polo menos ata o ano 2023. Trátase da AG 55 que vai de A Coruña a Carballo e AG 57 no Valmiñor. A Xunta renovou o convenio con Autoestradas de Galicia para manter a bonificación da peaxe para itinerarios frecuentes, cun desconto do 25% se se fai ida e volta no mesmo día, e dun 50% se a viaxe é en horario nocturno.

Con estas bonificacións, unha persona que viaxa catro veces en días laborables pola autoestrada A Coruña -Carballo paga 8,28 euros e non 10,20, e un usuario da vía Vigo-Baiona paga 5,55 euros e aforra 1,25. A polémica sobre o prezo das autoestradas marca o arranque do ano, con argumentos a favor e en contra.

Amais, para cumplir coa Lei de Impulso Demográfico, ao longo deste ano a Xunta ten prevista unha nova bonificación para familias numerosas, que afectará unhas 23.000 en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/01/2020