CRTVG

Buscar

As altas presións gañan influencia e abren claros no ceo de Galicia

Publicado o 16/03/2020 15:44

As altas presións irán gañando influencia ao longo desta xornada. Hoxe en moitos lugares non se pasará dos dez graos de máxima.

MeteoGalicia prevé que aumente a estabilidade no que queda de luns e durante o día de mañá. 

 Carlos Otero, meteorólogo de MeteoGalicia: "Aínda quedan os restos da fronte de onte en forma de chuvascos ocasionais, sobre todo na metade norte de Galicia".

Co avance da xornada irán a menos, os chuvascos quedarán no extremo norte e no sur podemos ter unha tarde de ceos moi abertos con poucas nubes.

"A influencia do anticiclón será plena a partir do mércores. Veremos o ceo despexado e unha suba importante das temperaturas".

Carlos Otero, meteorólogo de MeteoGalicia: "Mañá iranse recuperando as máximas. O ascenso máis notable será o mércores. Contrastan as máximas de 10 graos que teremos hoxe, con máximas por riba dos 20 graos en moitos puntos".

A influencia do anticiclón é na superficie, pero en altura hai aire frío. Con esta situación, propia da primavera, os meteorólogos prevén certa inestabilidade o xoves e o venres, con posibilidades de chuvascos polas tardes.

 

Noticias web

16/03/2020