CRTVG

Buscar

As administracións públicas quedan exentas do pagamento do IVE do material sanitario

Publicado o 21/04/2020 15:40

• Esténdese a empresas de servizos esenciais que reduciran a súa actividade a posibilidade dos ERTE

• Os autónomos poderán calcular o pagamento de impostos en base aos seus ingresos reais

As administracións públicas quedan exentas do pagamento do IVE do material sanitario

As institucións públicas quedarán exentas do pagamento do IVE do material sanitario. A medida, aprobada hoxe na reunión do Consello de Ministros, forma parte dun paquete de 30 medidas que tamén prevé a rebaixa do IVE de libros e prensa dixital do 21 ao 4 %.

A vicepresidenta de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, detallou que esta supresión do IVE para o material sanitario suporalles ás administracións públicas un aforro de máis de 1.000 millóns de euros.

Por outra parte, Nadia Calviño tamén anunciou que as empresas que prestan servizos esenciais pero que visen reducida significativamente a súa actividade a causa da pandemia poderán solicitar expedientes de regulación temporal de emprego. 

Dentro do paquete aprobado hoxe, o Goberno acordou inxectar liquidez adicional para o tecido empresarial. "Sabemos que os autónomos se ven máis afectados e poden dispoñer de menos colchóns de seguridade para enfrontarse a este período extraordinario", dixo.

Nese sentido, os autónomos poderán calcular, durante o período de estado de alarma, os seus pagamentos fraccionados do IRPF e os ingresos a conta do IVE conforme aos seus ingresos reais, en lugar de co método de estimación obxectivasus pagos fraccionados de Impuesto sobre la Renta de las Personas, sen necesidade de renunciar a este.

Mesa do diálogo social

O Goberno convocará este xoves 23 de abril a Mesa do diálogo social. A achega de sindicatos e patronal, dixo a ministra de Facenda, María Jesús Montero, é imprescindible "para sentar as bases dunha auténtica recuperación",