CRTVG

Buscar

As academias reclaman que as parellas conviventes poidan bailar pegados

Publicado o 16/09/2020 20:52

Mariana e Roberto son parella na vida e no baile. Pero cando chegan á escola de baile vense obrigados a separarse e así, mantendo as distancias, reciben as súas clases de bachata.

Só imparten clases individuais ou en grupo coa debida distancia interpersoal. O propio sector elaborou un documento que permitiría o baile por parellas pero só no caso de persoas conviventes.

A modo de protesta este sábado escenificarán en María Pita un baile. Só na comarca da Coruña o sector conta con 16 escolas e 4.000 alumnos e dá traballo a 100 persoas.

Noticias web

16/09/2020