As 730 familias acolledoras de Galicia van recibir axudas polo esforzo durante o estado de alarma
Publicado o 17/06/2020 15:30
As 730 familias acolledoras de Galicia van recibir unha axuda adicional do 25% polo esforzo extra que supuxo asumir o coidado dos meniños durante o estado de alarma.
Uns 1.300 menores benefícianse en Galicia do programa Familias acolledoras. Trátase de nenos e nenas que precisan temporalmente unha familia porque a súa familia de orixe non pode atendelos dun xeito adecuado.
A ONU chama a atención sobre o feito de que existe moita cultura de adopción, pero moi pouca cultura de acollemento, que é precisamente o que necesitan os nenos.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 21:02