Artesanía e cultura no mercadiño Cíclicka de Vigo
Publicado o 03/01/2020 14:22
O local que acolleu un supermercado é este nadal un refuxio para a artesanía, a cultura e as propostas de ocio.
Cíclicka é un mercado cunha vintena de proxetos de artesanía e deseño chegados de toda Galicia onde os paxes dos Magos de Oriente teñen moito onde escoller.
Esta iniciativa local e comunitaria é ademais todo un festival das artes cunha programación multidisciplinar.
A mostra 'Caerán as máscaras na noite' de Alexandre Folgoso é unha das actividades deste Cíclicka polo que esta fin de semana pasarán Davide Salvado, Faia Díaz e Baiuca, entre outros artistas.