CRTVG

Buscar

Arrinca a tramitación da intermodal da Coruña

Publicado o 20/02/2020 14:51

Tras anos empantanados, en palabras do presidente da Xunta, arranca a tramitación urbanística da intermodal da Coruña. O Goberno galego investirá nos accesos e estación 17 millóns de euros.

Feijóo tamén anunciou que o Consello da Xunta acordou duplicar o financiamento que destina aos accesos da intermodal de Vigo, pasando dos 1,3 aos 3,4 millóns de euros.

Noticias web

20/02/2020