CRTVG

Buscar

Arrimadas confirma que Ciudadanos irá en solitario ás elecións en Cataluña tras o non de PP e PSC a unha alianza

Publicado o 23/11/2020 17:31

A líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas, confirmou este luns que o seu partido concorrerá en solitario ás eleccións de Cataluña despois de constatar, dixo, que nin o PP, como deu a entender Pablo Casado, nin o PSC estaban dispostos a sumar nunha candidatura constitucionalista.

Arrimadas lamentou que o PP e o PSC rexeitasen "a oferta sincera" de Cs e os deixasen "tirados", cando esta coalición podería ser unha revulsiva fronte ao independentismo.

A dirección de Cs tomou esta decisión despois de escoitar o presidente do PP, Pablo Casado, que deu por pechada a etapa da alianza con Cs, o que descarta a posibilidade dunha coalición para concorrer aos comicios cataláns, previstos para o 14 de febreiro.

Arrimadas criticou que estes dous partidos "deixasen tirado" a Cs: os socialistas porque, segundo a líder laranxa, queren un goberno tripartito encabezado por ERC, mentres que o PP, ao seu xuízo, faino por subir un par de escanos e sacar seis no canto dos catro que teñen agora no Parlamento autonómico.

Noticias web

23/11/2020

Máis sobre actualidade