CRTVG

Buscar

Arrimadas arrasa a Igea na elección de compromisarios que irán ao congreso de Ciudadanos

Publicado o 02/03/2020 14:58

Inés Arrimadas terá o control no congreso de Ciudadanos tras arrasar a Francisco Igea na votación de compromisarios.

A candidata obtivo 277 fronte aos 21 que logrou o seu principal rival polo liderado, Francisco Igea. Arrimadas contará co 78 por cento dos delegados na asemblea extraordinaria de Ciudadanos, que se celebrará os días 14 e 15 de marzo.

Queda aínda unha semana de campaña, e está previsto que Arrimadas e Igea debatan ante as bases para expoñer o seu proxecto de partido.

 

Noticias web

02/03/2020