CRTVG

Buscar

Arrancan as reservas na Mariña cun 60% de ocupación en agosto

Publicado o 08/06/2020 21:38

Hoteis coma este de Foz prepáranse para reabrir o vindeiro día 19 e entre tanto o teléfono non para de soar. Nótano especialmente dende que se anunciou unha maior mobilidade. Acontece o mesmo nestoutro hotel da vila, onde volverá a abrir o día 17. Agora as reservas avanzan a bo ritmo e para agosto rozan xa o 65%.

Fronte ás reservas en liña agora gañan terreo as telefónicas, onde os clientes consultan dúbidas e tamén as políticas de cancelación que se foron flexibilizando ante o medo dos clientes e é que moitos proceden doutras comunidades.

Agora ultiman xa os preparativos con vistas á reapertura adaptados ás novas normas de seguridade.

Noticias web

08/06/2020