CRTVG

Buscar

Arranca a Mostra de Teatro de Ribadavia

Publicado o 17/07/2020 21:39

Na Alameda de Ribadavia podemos gozar arestora da peza de danza Emigrantas da compañía galega Kirenia Martínez Acosta. Un dos 24 espectáculos e actividades que terán lugar durantes estes dez días nunha decena de espazos aquí en Ribadavia.

Esta edición número 36 vén marcada polas medidas ante a covid19, o uso de máscara será obrigatorio , teremos xel hidroalcólico nas entradas e saídas e para os espectáculos que son de balde deberemos recoller invitación.

No programa, obras destacadas como "Fariña", a estrea da premiada "Rebota, rebota e na túa cara explota" ou "Liberto", a obra con máis candidaturas aos María Casares. Hoxe ás once da noite abrirá a compañía Elefante Elegante coa versión libre, musical e visual de Romeo e Xulieta.

 

Noticias web

17/07/2020