CRTVG

Buscar

Arquitectura de premio nas instalacións do 112 na Estrada

Publicado o 18/02/2020 15:21

O arquitecto ourensán Javier Suances recibe un premio polo seu deseño para as instalacións do 112 na Estrada. O seu proxecto do vestíbulo do edificio gañou o Trofeo Golden Gypsum.

O premio valora a innovación construtiva e a creatividade. Conceptos que fixeron que este espazo gañara o Trofeo Golden Gypsum 2019 na categoría de sector non residencial.

Deseño e contrución complexos e con mensaxe. O proxecto chámase A flor da esperanza.

Unha homenaxe aos traballadores a través dun proxecto cen por cento galego.

O proxecto representará a España e Portugal na próxima edición internacional do trofeo que se desenvolverá en Atenas no mes de abril. Un novo reto para este deseño que mestura técnica e emoción.

Noticias web

18/02/2020