CRTVG

Buscar

Arqueiros profesionais poderán cazar xabarís pola noite en Lugo

Publicado o 13/02/2019 15:04

O primeiro protocolo en Galicia para tratar de controlar a presenza de xabarís en zonas urbanas é o de Lugo,onde estes animais están a ocasionar máis incidentes. A Xunta e o Concello déronlle o visto e prace ao novo paquete de medidas, que inclúe a intervención de arqueiros profesionais.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "Dentro da propia cidade non podemos facer batidas por seguridade. Enriba da mesa si que se puxeron as esperas nocturnas con toda a seguridade e con arqueiros".

Din que cómpre tomar medidas a prol da seguridade das persoas e tamén dos animais. 

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: "Por sanidade, por seguridade nas estradas e polos animais. Se entrase a peste porcina, non só acabaría coas granxas de porcino doméstico, senón tamén co propio xabaril".

Ademais, colocarán gaiolas en distintas parcelas do municipio de Lugo, nos lugares onde adoitan pasar os xabarís.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2019