CRTVG

Buscar

Ares acada a permanencia

Publicado o 30/08/2020 14:35

 
No remo, Ares acadou a permanencia na Liga ACT, nesta fin se semana en Galicia antes da Concha. Fíxoo ademais de xeito brillante, derrotando a Zarautz nas dúas bandeiras, e meténdolle a Ondarroa polo medio. Hoxe a súa rival para eludir o play off so aguantou o primeiro longo. A partir de aí Ares apertou, colleu o liderado da quenda e comezou a ampliar a súa vantaxe ata os 16 segundos finais. Co seu oitavo posto en Boiro, asegura a salvación e seguirá na elite. Cabo, que remaba na casa, acabou quinta, e a Bandeira viaxou a Santurzi, que avantaxa en dous puntos a Hondarribia antes das dúas probas decisivas.
 

Noticias web

30/08/2020