CRTVG

Buscar

Aprazado o peche perimetral de Ponferrada

Publicado o 22/10/2020 14:51
Aprazado o peche perimetral de Ponferrada

Preto de Verín, centos de galegos da zona de Valdeorras e da montaña luguesa que traballan ou estudan na comarca do Bierzo están pendentes de se ao final se aplica o peche perimetral en Ponferrada.

A Junta de Castela e León aprazou a medida que ía entrar en vigor esta medianoite á espera das medidas que adopte o Consello Interterritorial de Saúde, no que pedirá o toque de queda para a comunidade ante as cifras preocupantes que rexistran e que poden provocar o colapso sanitario.

Noticias web

22/10/2020