CRTVG

Buscar

Apple non terá que pagar 13.000 millóns en impostos a Irlanda

Publicado o 15/07/2020 17:39
Apple non terá que pagar 13.000 millóns en impostos a Irlanda

O Tribunal Xeral da Unión Europea (UE) anulou este mércores nunha sentenza a decisión da Comisión Europea (CE) que pediu a Irlanda recuperar 13.000 millóns de euros máis xuros en impostos non aboados pola empresa estadounidense Apple a Dublín entre 2003 e 2014.

O Executivo comunitario tomara a decisión en 2016, ao considerar que a compañía tecnolóxica se beneficiu de vantaxes fiscais ilegais durante eses anos, entre 2003 e 2014. A sentenza do Tribunal Xeral publicada  pódese recorrer ante o Tribunal de Xustiza da UE. A corte comunitaria considera que a Comisión Europea non demostrou coa suficiente solidez desde o punto de vista xurídico que Irlanda outorgou unha vantaxe competitiva a Apple fronte a outras compañías mediante os acordos fiscais que reducían os impostos que pagaba a firma da mazá.

En agosto de 2016,  Bruxelas concluiu que dous pactos fiscais concedidos a Apple por Irlanda en 1991 e 2007 lle permitiron "reducir substancialmente e de forma artificial os impostos" que pagaba, chegando a aboar unha taxa efectiva do 0,005 % en 2014, malia que o imposto de sociedades está no 12%. 

Noticias web

15/07/2020