CRTVG

Buscar

Apostan pola reciclaxe para facer un cámping en Ribas de Sil

Publicado o 09/08/2020 16:01

No Concello lucense de Ribas de Sil apostan pola reciclaxe para facer un cámping. Decantáronse por converter colectores marítimos en 'bungalows'. A instalación vai servir para promover o xeoparque Montañas do Courel. 

Estes dous colectores marítimos son unha mostra do que será o futuro cámping de Ribas de Sil. Veñen preparados para acoller dentro seis persoas. Apenas precisan mantemento e permiten cambialos de lugar en caso de que sexa preciso.

O cámping disporá en total de oito, dous deles adaptados, ademais de espazo para caravanas e tendas de campaña. Inclúe na mesma parcela o Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana. Aínda falta acondicionar o terreo e ata o vindeiro ano non abrirá ao público. Innovación e reciclaxe ao servizo da promoción do patrimonio natural do Courel.

Noticias web

09/08/2020