CRTVG

Buscar

Aplausos e un ramo de flores para Aina Vidal, presente no pleno tras contar que ten cancro

Publicado o 07/01/2020 20:32

Xa non estamos afeitos a plenos sen algo de barullo, e non faltou. E xestos como o de Vox abandonando o hemiciclo durante a intervención do deputado de Bildu. Pero desta volta tamen vimos imaxes de reconciliación entre vellos amigos e o mellor do lado humano das súas señorías. A maioría púxose en pé en apoio de Aina Vidal, a deputada de En Común, enferma de cancro, que o domingo non puido asistir á primeira votación.
E os nervios, que os houbo, remataron co resultado da votación.

Euforia na bancada socialista e entre os seus socios. E mostras de respecto ao gañador. Pablo Casado foi o primeiro en felicitar o seu contrincante. E mentres o candidato recibía moreas de apertas e bicos, Pablo Iglesias rompía en pranto ao abrazarse con Echenique.

Máis sereno, entregáballe un ramo de flores dos seus compañeiros a Ainda Vidal. E Sánchez atendía con paciencia infinita cada demanda dos reporteiros gráficos antes de abandonar o Congreso dos deputados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020