CRTVG

Buscar

Aparece nos montes de Domaio un grupo de cabalos con pexas nas patas

Publicado o 17/03/2019 20:37

As dificultades dos animais para correr ceibos fixéronse evidentes en canto os axentes da Policía Local de Moaña trataron de achegarse a eles. Os exemplares adultos levaban as patas dianteiras pexadas.

Non é a primeira vez que os axentes acoden porque o gando se adentra nas estradas. Tamén os comuneiros da zona son testemuñas destes problemas, pero insisten en que deben ser as administracións as que tomen medidas.

Os propietarios destos cabalos poderían ser investigados por un delito de maltrato animal. A Policía Local xa deu parte ao Seprona para abrir unha investigación.

Noticias web

17/03/2019