CRTVG

Buscar

Aparece morto un home na zona do parque de Barreiro en Vigo

Publicado o 16/09/2020 14:48

Un home apareceu morto esta mañá en Vigo nas inmediacións do parque de Barreiro.
Un veciño do lugar alertou os servizos de emerxencias pouco antes das 10 tras atopalo inmóbil, tirado no chan. Ata o lugar trasladáronse a Policía Nacional e efectivos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida. O falecido é, segundo fontes do 061, un home de 39 anos. A Policía investiga o suceso, aínda que se baralla que puido morrer por causas naturais.
 

Noticias web

16/09/2020