CRTVG

Buscar

Aparece morto nunha casa de ocupantes ilegais na Coruña

Publicado o 06/05/2020 14:20

Contra as oito menos vinte da tarde a policía recibiu unha chamada dunha persoa alertando dunha morte nunha casa da avenida de Fisterra. Era a mesma casa en que, media hora antes, acababa de practicar unha detención: a dun dos presuntos responsables dun roubo de cen pares de lentes nunha óptica. O outro fora detido horas antes nos arredores do parque de Santa Margarida despois de cometer o roubo

Os danos están valorados por riba dos tres mil euros. Os presuntos autores dos feitos vivían nunha casa situada nas inmediacións ben coñecida no barrio.

Os detidos foron postos a disposción xudicial. Mentres, a policía investiga a morte, que, segundo as primeiras pescudas, se puido producir de xeito natural.

Noticias web

06/05/2020