Aparece na casa do seu pai en Lisboa o mozo que desaparecera en Baiona
Publicado o 14/04/2019 21:39

O mozo portugués que desapareceu o venres pasado en Baiona foi atopado esta tarde na casa de seu pai en Lisboa. Foron horas de anguria, porque o rapaz, de 18 anos, ten autismo e marchara sen a súa medicación.
Esta tarde unha nova pista situouno na contorna da capital portuguesa, onde reside o seu pai. Con este dato, a policía portuguesa despregou un dispositivo de busca que, finalmente, deu co seu paradoiro. O mozo levaba tres semanas residindo en Baiona coa súa nai.