Aparatoso accidente en Sada con dúas persoas feridas
Publicado o 23/05/2020 21:39
En Sada, un accidente moi aparatoso deixou dúas persoas feridas.Unha delas foi trasladada a un hospital da Coruña; a outra atendérona no punto de atención continuada da localidade.
A Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciu o sinistro, unha colisión frontolateral entre dous coches que circulaban pola estrada que comunica Sada e Bergondo, xusto no punto limítrofe entre ambos os dous municipios.
O accidente aconteceu minutos antes das sete da tarde e causou pequenas retencións no tráfico. O 112 mobilizou os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil e os efectivos do servizo municipal de emerxencias.
Máis sobre Sada
06/03/2021 15:55