CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente dun camión no concello ourensán de Punxín

Publicado o 22/02/2020 14:59

A saída de vía dun camión dificultou a circulación esta mañá na A-53 á  altura do concello ourensán de Punxín. O tráiler envorcou contra a mediana e como consecuencia do sinistro ardeu parcialmente. Foi o fume o que dificultou o tráfico nese treito da estrada. De feito un dos carrís permaneceu cortado. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí