CRTVG

Buscar

Apagan un incendio que se declarou nunha nave industrial de Viveiro

Publicado o 31/03/2020 21:37

Os bombeiros de Viveiro tiveron que apagar un incendio que se declarou nunha nave industrial na parroquia de Celeiro. O lume empezou pouco antes das dúas e media da tarde, e non había ninguén traballando no interior.

A nave é dunha empresa que se dedica á impresión dixital e á rotulación. O que si había era bombonas con produtos moi inflamables.



 

 

 

Noticias web

31/03/2020