Antonio Serrat deixa Galicia para adestrarse cun grupo internacional de triatletas
Con 24 anos, Antonio Serrat ten aínda moito percorrido no triatlon mundial. Está no posto 21 no ranking das series mundiais pero a redución de prazas por país vai complicarlle a presenza nas probas de elite.
Antonio Serrat: "Temos que agardar a ver cales son os criterios da Federación".
Os cambios na Federación Galega, que prescindiu do seu adestrador, decidírono a buscar un grupo de traballo internacional. Serrat únese a un equipo estadounidense con corredores punteiros, que se vai concentrar en Suráfrica os próximos dous meses: "Motivábame correr con xente que vai diante nas carreiras"
A temporada pasada foi a primeira de Antonio Serrat en categoría absoluta. Serrat: "Quero seguir crecendo e pulir erros"
San Silvestre serviulle de despedida do trazado pontevedrés que tan ben coñece. Un ata logo para outro triatleta galego que irrompe no circuito mundial.