CRTVG

Buscar

Antonio Señarís, presidente da Federación Galega de Transporte: "Precisamos unha renovación do sector na próxima década"

Publicado o 02/01/2020 11:38

Nos próximos dez anos está calculado que se as empresas do transporte en Galicia precisarán de 3.000 profesionais do camión. En directo no Bos Días, Antonio Señarís, presidente da Federación Galega de Transporte, explicou que "hai esa previsión, tendo en conta que a idade media dos transportistas ronda os 55 anos, e precisamos dunha renovación na próxima década" .

O defícit de condutores achácao a que "temos unha crise demográfica grande en Galicia e un sector que non está incentivado, cando realmente é moi vocacional e divertida", asegura. "Os salarios son bastante altos, pasan dos dous mil euros ao mes, está ben remunerado". 

En canto a situación do sector explicou que "prexudican moito ás chamadas empresas lóxisticas chamadas 'buzón', que se establecen en países do leste onde a fiscalide e os costos laborais son inferiores. O que fan é operar os camións desde aquí pero inscritos noutro país como podería ser Rumanía".

Antonio Señarís tamén dixo que que é preciso que haxa un convenio único para toda España, proque "incluso aquí, en Galicia, os convenios entre as catro provincias son distintos e hai competencia desleal entre unhas e outras". 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2020