CRTVG

Buscar

Antonio Salas, xenetista: "Non observamos ningunha evidencia que apunte a unha orixe artificial do virus"

Publicado o 17/09/2020 15:40

Un estudo da Universidade de Santiago indica que o coronavirus entrou en España dende Vitoria o pasado 11 de febreiro. No telexornal falamos cun dos xenetistas que participaron nesta investigación, o profesor Antonio Salas.

Analizando as secuencias do virus, puideron determinar que unha das linaxes entrou sobre o "11 de febreiro, non máis tarde a finais de xaneiro". "Temos calculado que (...) o virus acumula unha mutación cada dúas semanas", indicou Salas.

Sobre a teoría de se o virus foi creado nun laboratorio, o profesor Salas asegurou que non hai evidencias que apunten cara a esa orixe artificial. De feito, explica que o "virus muta dunha maneira totalmente natural dende os seus comezos" e que "existían motivos, e na literatura xa estaba referenciado, que esta posibilidade estaba sobre a mesa".

 

Noticias web

17/09/2020