CRTVG

Buscar

Antonio Couceiro asegura que "pase o que pase, o futuro do Deportivo está garantido"

Publicado o 02/03/2021 11:46

• Tamén advertiu que "o Deportivo está na situación máis delicada e complexa nos seus case 115 anos de historia"

Antonio Couceiro asegura que "pase o que pase, o futuro do Deportivo está garantido"

Antonio Couceiro, presidente do novo consello de administración do Deportivo, comparece por primeira vez desde a súa chegada ao club. Sen o resto dos seus compañeiros de consello, Couceiro non dubida en sinalar que o club "vive uns dos seus momentos máis difíciles da súa historia" pero garante un proxecto "viable e sostible" pase o que pase.

Tamén advertiu que "o Deportivo está na situación máis delicada e complexa nos seus case 115 anos de historia".

Antonio Couceiro engadiu: "Non imos tomar ningunha decisión inminente, aínda que estamos preocupados coa situación. Non estamos satisfeitos e analizamos en que nos puidemos equivocar, pero non haberá decisións próximas".