CRTVG

Buscar

Antón Gómez-Reino: "Somos unha sociedade avanzada na defensa dos dereitos sociais"

Publicado o 28/04/2019 13:47

Antón Gómez-Reino xa exerceu o seu dereito a voto no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña e fixo un chamamento á "mobilización masiva" nesta xornada electoral para acudir ás urnas porque "está en xogo a democracia.

"O proceso de maduración democrática da sociedade galega ten un longo percorrido, somos unha sociedade avanzada na defensa dos dereitos sociais. Esperamos unha votación masiva para defender a democracia nun contexto no que está en risco", sinalou para concluír que "é un gran día para saír a votar". 

Noticias web

28/04/2019