CRTVG

Buscar

Ante un golpe de calor hai que acudir ao médico urxentemente

Publicado o 12/07/2019 14:28

O golpe de calor é a forma máis grave de lesión ocasionada polas altas temperaturas e, se non se trata de forma urxente, pode provocar a morte.

"A persoa empeza a ter confusión, habería afectación do sistema nervioso central e febre por riba dos 40 graos. Aí xa sería o caso grave que pode danar órganos internos e incluso producir a morte, advirte Norberto Proupín, médico de familia.

Por iso, ante a sospeita de que alguén estea sufrindo estes síntomas, hai que pedir axuda médica urxente.

Pero antes de chegar a esa situación, hai outros signos de alarma. As cambras nas extremidades adoitan ser o primeiro síntoma cando alguén traballa ou fai exercicio sometido a altas temperaturas. Mareos, debilidade ou vómitos son o seguinte sinal de que algo non vai ben.

Para non chegar a unha situación extrema pódense tomar medidas sinxelas.

"Evitar os traballos en lugares pouco ventilados ou, por exemplo, nos tellados, evitar as horas centrais do día, traballar pola fresca e beber moito, iso é o máis importante".

Persoas de curta ou avanzada idade así como enfermos son os máis vulnerables ás altas temperaturas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019