CRTVG

Buscar

Sogama fai 20 anos convertida nunha planta de referencia en toda Europa

Publicado o 20/01/2020 21:36

Sogama fai 20 anos, e faino convertida nunha planta de referencia en toda Europa.

Hai vinte anos, Sogama recibía os residuos de 70 concellos e agora os de case 300. A diferenza de hai 20 anos agora a metade do lixo xa chega en tren e non en camións.

O obxectivo para este ano é conseguir a vertedura cero, con 15 anos de adianto respecto ao prazo fixado pola Unión Europea. Iso que significa, pois que so irá ao vertedoiro o lixo que non se poida reciclar ou revalorizar. Aos concellos que máis reciclen rebaixanlles un 10% o canon que pagan a Sogama

20 anos de xestión dos resíduos que se producen en Galicia, un tempo no que se pasou dos 71 concellos que inicialmente se sumaron ao proxecto aos 295 actuais. A planta de Cerceda tratou o pasado ano 825 millóns de quilos de resíduos, unha cantidade que é posible grazas ás obras de ampliación que converten este centro nunha referencia en toda Europa.

Eficiencia no tratamento e tamén no transporte. Hoxe máis da metade dos residuos chegan á planta en tren evitando o desprazamento de máis de 188.000 camións polas estradas. O obxectivo para este ano é conseguir a vertedura cero.  

A Xunta de Galicia vai investir 25 millóns de euros na construción de catro plantas de compostaxe, unha por provincia. Ademais, seguirá rebaixando nun 10% o canon de Sogama aos concellos que mellor reciclen. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020