CRTVG

Buscar

Andalucía pide aos cidadáns que se confinen na casa a partir das oito da tarde

Publicado o 21/01/2021 16:53
Andalucía pide aos cidadáns que se confinen na casa a partir das oito da tarde

O conselleiro de Sanidade de Andalucía chamou aos andaluces a que se autoconfinen na casa a partir das oito da tarde.

Jesús Aguirre considera que esta terceira vaga do coronavirus é moito maior que as dúas anteriores. Na súa opinión, non é unha onda, senón un tsunami.

Pide o autoconfinamento un día después de que o Consello Interterritorial de Saúde rexeitara a petición da Junta de Andalucía e doutras comunidades de adiantar ou flexibilizar o toque de queda e os confinamentos selectivos.

Andalucía acadou hoxe un novo récord de contaxios por covid, 7.400 positivos e 54 falecidos.

Noticias web

21/01/2021